Saturday 04 de May de 2024

Animación e ilusionismo para despedi-la programación cultural do verán destinada ao público familiar na Pobra


A Pobra prepárase para despedir nesta semana a programación cultural para o verán artellada para o público familiar por parte da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.

Barafunda levará, a partir das 21.00 horas do día 17, a Festa tribal a diversos espazos da vila con melodías africanas, creando un ambiente colorido e divertido.

E o espectáculo de ilusionismo Hocus Pocus, do mago Paco, porá o broche final a este calendario de actividades de lecer. Será no día 18, ás 20.30 horas, no Cantón da Leña. A súa maxia caracterízase pola posta en escena de elementos visuais moi rechamantes que provocan unha dinámica constante.